O economista e xeógrafo Juan Requejo falará de planeamento, individuo e sociedade mañá venres

O conferenciante sostén que un plan xeral debe provocar unha “catarse” na comunidade local

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia e o Concello de Noia continúan coas xornadas Planeando: Plan Xeral de Ordenación Municipal de Noia. Máñá venres, ás sete da tarde na casa da cultura, intervirá Juan Requejo debido a cambios de programa de última hora. Requejo (Valladolid, 1955) é economista, xeógrafo e consultor de planificación territorial; na actualidade asesora ao goberno andaluz en materia de cascos históricos, e vén a Noia para ofrecer unha charla sobre planeamento, individuo e sociedade.

A entrada é libre, pero a inscrición, gratuíta, é obrigatoria cara a obter o correspondente certificado de participación, un trámite que se debe facer a través da web do Colexio de Arquitectos www.coag.es . Estas conferencias son “de carácter didáctico e entretidas”, segundo subliña o programa, co fin de incentivar a participación de persoas sen relación profesional co urbanismo ou a planificación, polo que están dirixidas aos cidadáns en xeral, aínda que tamén a técnicos implicados en temas urbanísticos e do hábitat.

O economista e xeógrafo Juan Requejo Liberal sinala que Galicia non foi allea aos “males provocados pola conversión maioritaria e arrolladora” do atractivo turístico do litoral en soporte de fórmulas de base inmobiliaria, tales como segunda vivenda ou alugueres de verán: “Digo base inmobiliaria porque el único interés que se desprende de la construcción masiva de viviendas de uso temporal es el ligado a la promoción inmobiliaria. Otras modalidades de turismo también necesitan urbanizar y edificar, pero es un medio para ejercer una actividad, no un fin en sí mismo”.

Requejo critica estas fórmulas de veraneo protagonizadas por turistas residenciais nacionais: “Concentran los beneficios en poco tiempo y generan muchas cargas ambientales, territoriales, urbanísticas y sociales (desocupación la mayor parte del año)”. De aí que defenda modelos de menor carga edificatoria e con maior nivel de ocupación ao longo do ano: “Que vengan turistas repartidos a lo largo del año, que utilicen servicios prestados por empresas y trabajadores especializados en turismo y que gasten la mayor cantidad de dinero posible en actividades”. Porque para Requejo estes modelos non comportan cargas territoriais notables e teñen claros beneficios sociais e económicos.

O consultor experto subliña que un plan xeral de ordenación debe provocar unha “catarse” na comunidade municipal: “Esta parte solo puede lograrse con un proceso participativo bien diseñado y adaptado a las condiciones particulares de la comunidad local”. Engade que tamén é imprescindible coñecer ben o contexto territorial, as dinámicas económicas e as aspiracións sociais sobre como vivir, de que vivir e cal é o mellor camiño cara ao benestar.

As xornadas Planeando propóñense coa intención de iniciar unha reflexión baseada no traballo e a exemplarización de elementos que forman parte da transformación dunha vila como Noia, segundo indica o colexio profesional: “Coa ocasión da presentación pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Noia temos a oportunidade de debater sobre os principios que rexen ou deben rexer a planificación urbana dunha vila. Ademais pensemos que en Galicia as vilas son núcleos urbanos moi representativos, cunha escala de capacidade de relación coa contorna que fan que os cidadáns sexan quen de comprender e participar nos procesos de transformación dos espazos privados e compartidos”.

O urbanismo non é só unha distribución de superficies edificables, mentres que a planificación é un acordo social subscrito polos individuos dunha determinada comunidade, segundo se recolle no texto de presentación das xornadas.