A Cámara de Comercio de Santiago programa cinco accións de internacionalización para o outono

Balance de misións comerciaisNos primeiros meses do ano liderou oito misións e encontros comerciais a Berlín, China, Alxeria, Chile e Perú, Israel, Turquía, Emiratos Árabes e Qatar e Exipto nas que participaron 47 empresas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela programou para o segundo semestre de 2013 un calendario con cinco accións comercias, dentro do marco do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA) patrocinado pola Xunta de Galicia con fondos FEDER da Unión Europea.

As empresas interesadas poderán solicitar a súa participación na misión comercial a Arabia Saudita e Kuwait, que se celebrará entre os días 27 de setembro e 3 de outubro, e nun encontro empresarial no marco da Feira do Libro de Frankfurt en Alemaña entre os días 8 e 11 de outubro. A continuación, están previstas misións a Sudáfrica e Mozambique (19-27 de outubro), Ecuador- Perú- Chile (2-14 de novembro) e a Senegal (4-8 de novembro).

Por outra parte, a entidade cameral compostelá liderou durante o primeiro semestre deste ano oito accións comerciais no exterior, nas que participaron 47 empresas galegas, quince delas de Santiago. Este dato eleva a asistencia das empresas a este tipo de accións sectoriais, incrementando a participación nun 17,5 por cento respecto ao primeiro semestre de 2012.

Estes grupos empresariais asistiron á Feira ITB de Turismo de Berlín, a un encontro empresarial sobre a pel e os curtidos en China, viaxaron a Alxeria, Chile e Perú, Israel, Turquía, Emiratos Árabes Unidos e Qatar e Exipto en misión comercial directa.

As empresas interesadas en recibir máis información sobre este tipo de accións de internacionalización deben facelo a través do Departamento de Promoción Internacional da Cámara de Comercio de Santiago (Tel: 981 59 68 00; Fax: 981 59 03 22; e mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).