Outros

A Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia únense na defensa do patrimonio moderno galego

Trece edificios das catro provincias, incluídos no  Plan Nacional de Conservación del Patrimonio Cultural del Siglo XX, reciben catalogación e protección autonómica

        Celestino García Braña, vicepresidente da Academia:

“O verdadeiro logro alcanzarase cando o recoñecemento chegue á totalidade dos bos edificios ligados á nosa modernidade”

A Academia Galega de Belas Artes celebrou hoxe un acto para presentar a “Selección de trece edificios galegos vinculados ao Movemento Moderno en Galicia para a súa consideración patrimonial”, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo, e o vicepresidente da Academia e presidente da Fundación DoCoMoMo Ibérico (Documentación e Conservación da Arquitectura e o Urbanismo do Movemento Moderno), o arquitecto Celestino García Braña.

Ler máis: A Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia únense na defensa do patrimonio moderno galego

Castelao será a figura homenaxeada no Día das Artes Galegas de 2016

A Real Academia Galega de Belas Artes aprobou a proposta por aclamación en función dos “extraordinarios méritos artísticos” da obra do pai do nacionalismo galego

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou hoxe sábado, día 27, sesión ordinaria na súa sede da Coruña na que se decidiu o nome do persoeiro que será homenaxeado en 2016 no Día das Artes Galegas. Despois das oportunas votacións, os académicos escolleron como próximo protagonista da efeméride ao político, escritor, pintor, debuxante, médico e pai do nacionalismo galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950).

Ler máis: Castelao será a figura homenaxeada no Día das Artes Galegas de 2016

Celestino García Braña foi reelixido presidente da Fundación DoCoMoMo Ibérico

“En Galicia hai excelentes edificios do movemento moderno que requiren do noso coidado para seguir ocupando un lugar na nosa vida cotiá”

A institución trata de conservar os edificios construídos entre 1925 e 1965 en España e Portugal, caracterizados pola súa racionalidade e o uso de materiais da industria como o ferro, o formigón ou o vidrio

O arquitecto galego Celestino García Braña foi reelixido por unanimidade presidente da Fundación DoCoMoMo Ibérico. Ocupará a vicepresidencia o presidente da Ordem dos Arquitectos de Portugal. A Fundación DoCoMoMO Ibérico ten como obxecto a documentación e conservación dos edificios vinculados á arquitectura do Movemento Moderno. Trátase dun período histórico (1925-1965) no que a arquitectura baseou os seus argumentos na racionalidade, na organización dos edificios e en recorrir a materiais e produtos da industria, fundamentalmente ferro, formigón e vidrio.

Ler máis: Celestino García Braña foi reelixido presidente da Fundación DoCoMoMo Ibérico

Premian cunha distinción europea á intervención na contorna do mosteiro de Caaveiro, obra dos arquitectos Isabel Aguirre de Urcola e Celestino García Braña

O proxecto primou a eliminación do tránsito rodado nas inmediacións e o uso da pizarra como material único coa forma e dimensión coa que se extrae da canteira

A intención dos arquitectos foi conservar o espírito que desde séculos rondaba polo mosteiro, priorizando “a fusión entre arquitectura e paisaxe”

Os arquitectos Isabel Aguirre Urcola e Celestino García Braña reciben o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA na categoría de espazos exteriores pola súa intervención na cortorna do mosteiro de Caaveiro (século X), no concello coruñés de A Capela.  O premio, que celebrou este ano a súa segunda edición, é un certame bienal organizado co soporte do Colexio de Arquitectos de Cataluña (COAC) e a Agrupación de Arquitectos para a Defensa e a Intervención no Patrimonio Arquitectónico (AADIPA), que ten por obxecto distinguir a boa práctica patrimonial e contribuír a súa divulgación. A lista de gañadores deuse a coñecer o  pasado venres, día 12, en Barcelona.

Ler máis: Premian cunha distinción europea á intervención na contorna do mosteiro de Caaveiro, obra dos...

A Academia Galega de Belas Artes elixe como novos numerarios a Din Matamoro, Ignacio Basallo, Enrique Jiménez, Asunta Rodríguez e Xosé Díaz de Castro

Manuel Quintana Martelo, presidente:

“Agardamos iniciativa e traballo a favor da Academia para conseguir maior representación social e política dentro de Galicia”

Como académicos correspondentes entraron a formar parte da institución José María Eguileta, Fernando Agrasar e Ana Goy

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou o sábado, día 30, sesión ordinaria na súa sede da Coruña na que foron elixidos por votación reglamentaria novos membros numerarios e correspondestes da Academia.

Ler máis: A Academia Galega de Belas Artes elixe como novos numerarios a Din Matamoro, Ignacio Basallo,...

Subcategorías