Cámara Comercio Santiago

Melide convértese en referencia comarcal para a creación de empresas cun viveiro que abrirá as súas portas despois do verán

Disporá de cinco módulos de traballo e unha sala común no edificio Multiusos

A Cámara de Comercio de Santiago ofrecerá asesoramento e acompañamento aos emprendedores

O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, e a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, visitaron hoxe as instalacións do edificio Multiusos (Praza das Universidades s/n) onde se situará o futuro viveiro de empresas da vila. Na visita tamén participaron o secretario xeral da entidade cameral, Fernando Barros, e o concelleiro de Promoción Económica de Melide, Santos López. Este proxecto conta coa colaboración da Cámara de Comecio de Santiago e a Fundación Instituto Cameral para a Creación de Empresas e Desenvolvemento da Empresa (Fundación Incyde), e o financiamento de fondos Feder e o consistorio municipal.

Ler máis: Melide convértese en referencia comarcal para a creación de empresas cun viveiro que abrirá as...

A Cámara de Comercio deseña un programa gratuíto sobre modelos “novidosos e eficientes” de financiamento e xestión para pequenas empresas culturais

A acción de creación e consolidación de industrias culturais e creativas impartirase entre o 13 de abril e o 29 de maio no Centro de Emprendemento do Gaiás

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela convoca unha nova edición do Programa de creación e consolidación de empresas de industrias culturais e creativas, que se inaugurará o próximo 13 de abril e se impartirá de forma gratuíta no Centro de Emprendemento do Gaiás ata o 29 de maio. Esta acción formativa organízase en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE) e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e conta co financiamento do Fondo Social Europeo.

Ler máis: A Cámara de Comercio deseña un programa gratuíto sobre modelos “novidosos e eficientes” de...

O Instituto Cameral de Idiomas de Santiago iniciará a finais de marzo os cursos preparatorios de certificacións oficiais de inglés, francés e alemán

A vindeira semana celebraranse xornadas sobre captación de clientes e as novidades fiscais de 2015

O Instituto Cameral de Idiomas de Santiago de Compostela (ICISC) programa cursos destinados a mellorar as aptitudes lingüísticas dos alumnos. Destacan cursos preparatorios de certificados oficiais de inglés, francés e alemán, homologados por University of Cambridge, Institut Français e Goethe-Institut, que se iniciarán o vindeiro 30 de marzo. As clases impartiranse en quendas de luns e mércores e martes e xoves en horario de 20:00 a 22:00 horas.

Ler máis: O Instituto Cameral de Idiomas de Santiago iniciará a finais de marzo os cursos preparatorios de...

A Antena Local de Boiro informa dos novos requisitos que debe cumprir un establecemento de hostalería sobre alérxenos

A xornada celebrarase o próximo luns, día 16, na Asociación do Pequeño Comercio da Pobra do Caramiñal

A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago organiza o próximo luns, día 16, unha xornada informativa gratuíta sobre as implicacións da normativa sobre alérgenos en hostalería na Asociación do Pequeno Comercio da Pobra do Caramiñal. Tenda Escola O Deán (rúa Rafael Calleja, 11-13), a partir das 16:30 horas. Contará coa asistencia de aproximadamente 20 hostaleiros da Pobra e o resto da comarca do Barbanza.

Ler máis: A Antena Local de Boiro informa dos novos requisitos que debe cumprir un establecemento de...

Novas técnicas de venda tradicional e online, personal shopper e xestión da peme son as novas propostas formativas da Cámara de Comercio

O Instituto Cameral de Idiomas iniciará novos cursos de certificación oficial de inglés, francés e alemán o próximo 20 de marzo

A entidade ofrece descontos e a xestión gratuíta da bonificación da Fundación Tripartita ás empresas asociadas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela completa a súa programación formativa dos próximos meses con cursos e xornadas sobre informática e novas tecnoloxías, contabilidade e fiscalidade, recursos humanos, comercio e vendas, idiomas, comercio internacional e emprendemento para as empresas dos trinta e dous concellos da demarcación cameral.

Ler máis: Novas técnicas de venda tradicional e online, personal shopper e xestión da peme son as novas...

Subcategorías