Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Comecio de Santiago inicia o seu Plan de Promoción Internacional para 2015 destinado a pemes

Realizará misións comerciais a Turquía, Alxeria, Perú, Colombia, Singapur, Emiratos Árabes, Qatar e Cuba

Son accións do Plan Foexga do Igape, financiadas con fondos Feder da Unión Europea

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia a execución do Plan de Promoción Internacional para 2015, no que hai encadradas oito accións para pequenas e medianas empresas que queiran internacionalizar os seus produtos e servizos.

Ler máis: A Cámara de Comecio de Santiago inicia o seu Plan de Promoción Internacional para 2015 destinado a...

A Cámara de Comercio fomenta a E-Administración para maximizar a produtividade e competitividade das empresas con servizos electrónicos completos

O programa de administración electrónica, liderado pola Cámara de España, axuda a reducir cargas administrativas, aporta axilidade con AAPP e automatiza procesos con seguridade xurídica

A entidade cameral, en colaboración co Concello de Santiago, celebrará unha xornada o próximo 16 de abril

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o próximo xoves, día 16, unha xornada gratuíta sobre o fomento da administración electrónica –E-Administración– nas pequenas e medianas empresas e autónomos, entre as 11:00 e as 12:30 horas no salón de actos, en colaboración co Concello de Santiago.

Ler máis: A Cámara de Comercio fomenta a E-Administración para maximizar a produtividade e competitividade...

A Cámara de Comercio de Santiago impartirá varios cursos dirixidos ao sector comercial no mes de abril

Celebraranse sesións sobre comercio electrónico e formación de personal shopper

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ofrecerá este mes de abril unha ampla oferta de cursos formativos demandados actualmente polas empresas da demarcación cameral, sobre xestión comercial e financeira e cursos de fiscalidade e informática.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago impartirá varios cursos dirixidos ao sector comercial no mes de...

O delegado de Defensa en Galicia, José Abad, presenta un estudo sobre o impacto económico, cultural e social das actividades ministeriais na Cámara de Comercio

A entidade cameral comprometeuse a divulgar entre as empresas da demarcación este informe elaborado pola Universidade de Barcelona

O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, e o secretario xeral, Fernando Barros, reuníronse co delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, José Abad Vilas. O representante do departamento de Defensa presentou un estudo sobre o “Impacto económico, cultural e social das actividades do Ministerio de Defensa”.

Ler máis: O delegado de Defensa en Galicia, José Abad, presenta un estudo sobre o impacto económico,...

O Foro Cívico Empresarial demanda o maior respaldo económico “posible” para a Universidade de Santiago de Compostela

O reitor, Juan Viaño, que asistiu a un encontro coa agrupación social e profesional, reivindica que se teña en conta a produción científica da USC no novo plan plurianual de financiamento

O Foro Cívico Empresarial acolleu este mércores a visita do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, onde explicou a situación actual da entidade académica. Viaño, que se revelou como un “firme defensor” do sistema público, fixo un repaso histórico da evolución da universidade española e, particularmente, da compostelá durante dúas horas de charla-coloquio na sesión que se celebrou na Cámara de Comercio.

O reitor dixo que o 70 por cento da investigación que se fai en España sae da universidade, e engadiu que desde 2008 os recursos públicos caeron nun 25 por cento aproximadamente. As principais magnitudes da USC son 26.000 estudantes, 2.200 docentes e 1.100 PAS (persoal de administración e servizos) e 200 millóns de euros de orzamento anual. Viaño expresou a súa preocupación pola reposición de profesorado, “xa que se están a xubilar entre corenta e cincuenta docentes cada ano, unha tendenza que se manterá nos vindeiros cursos”. A media de idade dos profesores está en 54 anos.

En relación ao plan de financiamento 2016-2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia coas tres universidades, o reitor santiagués reclama para si uns presupostos públicos “acordes non só co 42 por cento do seu alumnado, senón tamén co 61 por cento da súa producción científica”, segundo advirte. En relación á débeda acumulada, explicou que se debeu a que había partidas moi importantes de fondos europeos que precisaron aproveitarse para dar un “salto de calidade coa creación do campus de excelencia internacional no ámbito da biomedicina: Que seríamos agora –inquiriu– se non tivesemos o Campus Vida?”. E suliñou que Santiago posúe investigadores e grupos de primeiro nivel en todos os eidos “que cómpre protexer”. Por outra parte, destacou que a media dos titulados universitarios en paro é do 10 por cento, mentres que a cifra xeral de desemprego supera o 20 por cento. “Por tanto –concluíu– os títulos universitarios seguen tendo un valor superior no mercado laboral, de aí que a sociedade e a Administración deban velar polo ensino público”.

Os integrantes do Foro, que agradeceron as explicacións do reitor, pedíronlle que se faga “máis visible” a súa potencia investigadora, capacidade docente e, en definitiva, “que faga valer nas negociacións e interlocucións o seu peso de cincocentos anos de historia”. Igualmente, os profesionais e empresarios asistentes expresáronlle “o seu apoio absoluto e total colaboración” a unha institución “esencial” de Santiago, tal como indicou o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey. A raíz deste encotro, o Foro Cívico Empresarial demanda o maior respaldo económico “posible” para a Universidade de Santiago de Compostela, facendo súas as reivindicacións do reitor.

Subcategorías