Cámara Comercio Santiago

As pemes e autónomos da área de Santiago reciben información sobre administración electrónica na Cámara de Comercio de Santiago

Juan Miguel Cuellar, coordinador do programa e-Administración da Cámara de Comercio de España:

“El programa permite un ahorro de costes y aporta beneficios en la gestión empresarial que redundan en una mejora de la productividad de la empresa”

A xornada organizouse gratuitamente, en colaboración co Concello de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrou hoxe unha xornada gratuíta sobre o fomento da administración electrónica –e-Administración– nas pequenas e medianas empresas e autónomos, en colaboración co Concello de Santiago.

Ler máis: As pemes e autónomos da área de Santiago reciben información sobre administración electrónica na...

A Cámara de Comercio de Santiago e a Cidade da Cultura potencian o nacemento de vinte e cinco novas empresas culturais e creativas

Inauguraron un programa gratuíto de creación e consolidación empresarial que se impartirá no Centro de Emprendemento do Gaiás ata o 29 de maio

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia inauguraron hoxe unha nova edición do Programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas, que se impartirá de forma gratuíta no Centro de Emprendemento do Gaiás ata o 29 de maio. Ao acto, que se celebrou no edificio da Biblioteca do Gaiás, asistiron a responsable de Creación de Empresas da Cámara, Rosa Cardeso, a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González, e a directora de Programas de Incyde, María Dolores García. Esta acción formativa organízase en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE) e conta co financiamento do Fondo Social Europeo.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago e a Cidade da Cultura potencian o nacemento de vinte e cinco...

Tres empresas de construción, consultoría social e sistemas químicos distinguidas co premio “Camiño do Emprendemento”

A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA entregaron as bolsas para a estancia dun ano no viveiro de Costa Vella

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela entregou hoxe o II Premio “Camiño do Emprendemento 2015”, co patrocinio de ABANCA, a tres iniciativas empresariais destacadas da demarcación cameral na sala de xuntas da entidade compostelá. Ao acto asistiron o presidente da Cámara, Jesús Asorey, o director Territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carneiro, o director de Negocio Institucional de ABANCA Galicia, Asturias e León, José Lino Comesaña, e o secretario cameral, Fernando Barros. Esta distinción é un recoñecemento que pretende promocionar estas ideas empresariais e prestar apoio para a súa posta en marcha, desenvolvemento e consolidación, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos seus trinta e dous concellos.

Ler máis: Tres empresas de construción, consultoría social e sistemas químicos distinguidas co premio...

A Cámara de Comercio de Santiago emprende unha nova campaña de captación de empresas da súa demarcación para conseguir aportacións voluntarias

Ademais o seu financiamento realízase mediante a prestación de servizos e convenios coas Administracións públicas

Ofrece servizos de excelencia en formación e emprego, promoción internacional, creación de empresas, innovación e mellora da competitividade a través de persoal especializado

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia unha nova campaña de captación de empresas nos trinta e dous concellos da súa área cameral. A entidade, avalada pola súa extensa experiencia no compromiso empresarial coa cidade e a súa área metropolitana, terá a partir de agora un financiamento privado, baseado na prestación de servizos abonados polas empresas, convenios e encomendas de xestión coas Administracións públicas e aportacións voluntarias das firmas.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago emprende unha nova campaña de captación de empresas da súa...

A Antena Local de Boiro informa aos locais de hostalería dos novos requisitos que deben cumprir sobre alérxenos

A xornada celebrarase o próximo martes, día 14, na Asociación de Empresarios de Riviera

A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago celebrará o próximo martes, día 14, unha xornada informativa gratuíta sobre a adaptación da Normativa UE 1169/2011 ao sector da restauración e hostalería na Asociación de Empresarios de Riviera (rúa Rosalía de Castro, 13, entrechán), entre as 17:00 e as 20:00 horas. A xornada está dirixida a traballadores de empresas do sector da hostalería e a restauranción  e a empregados de fábriras e establecementos de alimentación, hospitales e comedores.

Ler máis: A Antena Local de Boiro informa aos locais de hostalería dos novos requisitos que deben cumprir...

Subcategorías