Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Santiago será sede do máster de xestión de empresas posto en marcha por Galicia Business School

É un posgrao pioneiro en Galicia pola súa formación dual

Impartirase entre xaneiro e outubro de 2016 para titulados recentes ou con menos de cinco anos de experiencia profesional

O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey Carril, e o director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, asinaron hoxe un convenio de colaboración para poñer en marcha nas instalacións camerais o Máster Profesional en Xestión de Empresas (MAGE), o primeiro máster dual en xestión de empresas que se realiza en Galicia e pioneiro por incorporar a modalidade dual no posgrao formativo.

Ler máis: A Cámara de Santiago será sede do máster de xestión de empresas posto en marcha por Galicia...

Trece empresas de Santiago e as Rías Baixas viaxan mañá á Feira de Turismo Relixioso de Italia da man da Cámara de Comercio

Cunha axenda de contactos de interese, os participantes confían en manter encontros profesionais para desestacionalizar e desenvolver un modelo turístico sostible

A feira desenvolverase entre os días 8 e 10 de outubro

A Cámara de Comercio de Santiago viaxará mañá á Feira Internacional de Turismo Relixioso de Italia, o TTG Incontri Rimini, acompañando a trece empresas de restauración e hospedaxe das áreas de Santiago e as Rías Baixas. O encontro empresarial, que se celebrará entre os días 8 e 10 de outubro, forma parte das accións complementarias do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), financiadas con Fondos Feder. Ademais, a Asociación de Hostelería de Compostela colaborou na difusión desta acción incentivando a asistencia entre os seus membros.

Ler máis: Trece empresas de Santiago e as Rías Baixas viaxan mañá á Feira de Turismo Relixioso de Italia da...

O Instituto Cameral de Idiomas de Santiago abre o prazo para inscribirse nas clases de inglés, francés e alemán do novo curso

Comezarán a impartirse o vindeiro 19 de outubro nas aulas formativas da Cámara de Comercio de Santiago ata o mes de xuño

O Instituto Cameral de Idiomas de Santiago de Compostela (ICISC) abre o prazo para inscribirse nos cursos de inglés, francés e alemán para a tempada 2015-2016. As sesións impartiranse na sede cameral –rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo– ao longo de nove meses, desde o 19 outubro ata o 2 de xuño, en horario de luns e mércores ou de martes e xoves de 18:30 a 20:00 ou de 20:00 a 21:30 horas.

Ler máis: O Instituto Cameral de Idiomas de Santiago abre o prazo para inscribirse nas clases de inglés,...

Cinco semanas de consultoría a medida axudarán aos emprendedores galegos a crear empresas culturais

A Cámara de Santiago organiza un programa de creación e consolidación empresarial no viveiro de empresas que se impartirá do 13 de outubro ao 13 de novembro

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela convoca unha nova edición do Programa de creación e consolidación de empresas de industrias culturais e creativas, que se inaugurará o próximo 13 de outubro e se impartirá de forma gratuíta no viveiro de empresas de Costa Vella ata o 13 de novembro. Esta acción formativa organízase en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE) e o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, e conta co financiamento do Fondo Social Europeo.

Ler máis: Cinco semanas de consultoría a medida axudarán aos emprendedores galegos a crear empresas culturais

A Cámara de Comercio ofrece mañá unha xornada gratuíta para mellorar o posicionamento das empresas en Internet

Fátima Carmena, experta en estratexias de comunicación:

“A maioría das pemes non saben sacarlle todo o rendemento ás súas páxinas webs”

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebra mañá mércores unha xornada de innovación, de carácter gratuíto, para mellorar a imaxe e o posicionamento das empresas en Internet. Celebrarase no salón de actos da entidade cameral entre as 11:00 horas e as 14:00 horas.

Ler máis: A Cámara de Comercio ofrece mañá unha xornada gratuíta para mellorar o posicionamento das empresas...

Subcategorías