Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago posiciónase en defensa do sector naval galego

Defensa do sector navalA Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela manifesta o seu apoio á industria naval galega e española, tralas últimas noticias sobre o futuro das axudas europeas ou tax lease. A entidade cameral considera que o sector naval galego é un dos principais motores económicos, caracterizado pola súa innovación e avances tecnolóxicos, que xera miles de postos de traballo e riqueza na comunidade autónoma.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago posiciónase en defensa do sector naval galego

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago recibiu hoxe ao novo director do aeroporto de Lavacolla, Ricardo López Navarro

Reunión co novo director de LavacollaValoraron o futuro do aeródromo compostelán e os posibles usos da vella terminal

O presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, mantivo hoxe unha reunión de traballo co novo director do aeroporto de Lavacolla, Ricardo López Navarro, nas instalacións camerais. Ao encontro asisitiu tamén o secretario xeral da entidade, Fernando Barros.

Ler máis: O presidente da Cámara de Comercio de Santiago recibiu hoxe ao novo director do aeroporto de...

A Cámara de Comercio de Santiago asesorou a seis spin off sanitarias na busca activa de financiamento

Desenvolveuse un proxecto conxunto coas Cámaras de Comercio de Oviedo e Zaragoza, orientado a formar e asesorar aos emprendedores do sector das ciencias da saúde para comercializar a súa tecnoloxíaTaller de spin off no viveiro de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela desenvolveu nos últimos meses un proxecto de desenvolvemento empresarial de spin off do sector das ciencias da saúde, para fomentar o investimento de capital privado en proxectos sanitarios, facilitando a toma de contacto cos posibles inversores e interrelacionando mercado e idea empresarial para desenvolver proxectos de I+D+i que contribúan ao crecemento e consolidación deste sector. Este proxecto contou ademais coa participación das Cámaras de Comercio de Oviedo e Zaragoza e as Universidades das tres cidades, financiado polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago asesorou a seis spin off sanitarias na busca activa de...

A Cámara de Comercio de Santiago ofrece un servizo de mediación civil e mercantil para resolver problemas entre empresas

Servizo de mediaciónEvitarán acudir aos tribunais para solucionar estes conflitos aforrando tempo e recursos económicos

A entidade cameral creará un rexistro de mediadores e ofrecerá formación específica para estes profesionais

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela poderá actuar como mediador entre empresas enfrontadas por conflitos. É un novo servizo, de mediación civil e mercantil, que pon a disposición dos empresarios da demarcación cameral unha ferramenta que lles permitirá abaratar custos e aforrar tempo nos longos procesos xudiciais.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago ofrece un servizo de mediación civil e mercantil para resolver...

A Cámara de Comercio de Santiago asina un convenio con EnergyLab para ofrecer ás empresas asociadas descontos en asesoramento e servizos de eficiencia enerxética

Convenio con EnergyLabOrganizarán conxuntamente xornadas e cursos para a difusión das tecnoloxías de eficiencia enerxética

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela asinou hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (EnergyLab). O acto de sinatura estivo presidido polo titular da entidade cameral, Jesús Asorey, e o presidente de EnergyLab, Luis Ramiro Díaz López. 

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago asina un convenio con EnergyLab para ofrecer ás empresas...

Subcategorías