Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Comercio creou 41 empresas no primerio semestre do ano, a través do programa de apoio empresarial ás mulleres

Xeráronse 19 postos de traballo asalariado

A bolsa de aluguer cameral concertou seis arrendamentos de locais comerciais en Santiago

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela desenvolve desde hai máis dunha década, a través dun convenio asinado co Instituto da Muller e o Consello Superior de Cámaras, un programa específico de Apoio Empresarial á Muller (PAEM), que demostrou ser un instrumento eficaz tanto para crear e consolidar empresas lideradas por mulleres como para fomentar no xénero feminino cualidades como a cooperación e a innovación empresarial e tecnolóxica.

Ler máis: A Cámara de Comercio creou 41 empresas no primerio semestre do ano, a través do programa de apoio...

A Cámara de Comercio de Santiago afianza a súa presenza online a través da web corporativa e as redes sociais no primeiro semestre do ano

A páxina web compostelá é a segunda máis vista no rango de Cámaras

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela confirma a súa presenza dixital coa actualización constante da web corporativa –www.camaracompostela.com– e as redes sociais Facebook e Twitter. No primeiro semestre de 2013, a página web da entidade cameral situouse nunha media mensual de 26.732 visitas e unha media de 4.219 visitantes distintos. Estes datos posicionan a web de Santiago na segunda posición galega de Cámaras en canto a visitas e enlaces exteriores (datos do ranking Alexa).

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago afianza a súa presenza online a través da web corporativa e as...

A Cámara de Comercio de Santiago únese ás accións do Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista

Plan Integral Comercio MinoristaEsta iniciativa persegue o impulso do comercio minorista, un sector estratéxico da economía galega

O comercio electrónico é o actual refuxio de novos emprendedores, cun impacto directo sobre a creación de empresas e a xeración de emprego

O Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista, aprobado polo Consejo de Ministros, contará coa colaboración das Cámaras de Comercio, para as que resulta “urxente e necesario” apoiar a este sector tan afectado pola crise económica e a caída do consumo. As entidades camerais, incluída Santiago de Compostela, participaron na elaboración de cinco das dez liñas de actuación presentes no plan. O traballo conxunto entre Administracións públicas, Cámaras de Comercio, organizacións empresariais e de autónomos, así como da empresa pública Mercasa, supón unha garantía de éxito nesta iniciativa, que persegue impulsar a un sector estratéxico das economías galega e española.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago únese ás accións do Plan Integral de Apoio á Competitividade do...

A confianza empresarial do Barbanza continúa en valores negativos, salvo o sector da hostelería motivado polas perpectivas do verán

ICE Barbanza 2º trimestre de 2013A debilidade da demanda e o consumo é o factor principal do negativismo

É unha análise económica realizada pola Cámara de Comercio de Santiago a través de enquisas a 1.182 empresas de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela elaborou o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza correspondente ao segundo trimestre de 2013. O ICE-Barbanza é un informe que reflicte a situación do trimestre actual e as expectativas para o seguinte período nos sectores da construción, industria, comercio, hostalería e sector servizos. Esta nova publicación continúa en valores negativos, situando a confianza do empresariado da comarca en –3,11 puntos, un dato que marca unha continuidade na escalada de puntos desde finais de 2012 e cun saldo similar ao rexistrado no segundo trimestre do pasado exercicio (ICE Barbanza 2º trimestre 2012: –2,02).

Ler máis: A confianza empresarial do Barbanza continúa en valores negativos, salvo o sector da hostelería...

A Cámara de Comercio de Santiago prestou os seus servizos a máis de 5.000 empresas da súa demarcación durante o ano 2012

Memoria Cámara A entidade mostrou preocupación polo fomento do autoemprego e a internacionalización das empresas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa Memoria 2012, en formato dixital, que recolle as actividades e servizos dos que se beneficiaron un total de 5.027 empresas de Santiago e do resto de concellos da demarcación cameral. A pesar da incerteza vivida pola ausencia dun marco legal no último ano, a Cámara de Comercio de Santiago seguiu traballando en todas as súas frontes habituais: internacionalización ou comercio exterior, formación, innovación e novas tecnoloxías e emprendemento empresarial.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago prestou os seus servizos a máis de 5.000 empresas da súa...

Subcategorías