Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago ofrecerán xornadas de fomento do espírito emprendedor para os alumnos de secundaria e formación profesional

As charlas divulgativas en centros escolares e as visitas guiadas ao viveiro de empresas de Costa Vella celebraranse no último trimestre do ano

Jesús Asorey e Reyes Leis asinaron un acordo de colaboración para fomentar o autoemprego e o emprendemento

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación e o Concello de Santiago de Compostela asisnaron hoxe un acordo de colaboración para a realización dun programa de Dinamización e Fomento do Espírito Emprendedor no Ámbito Educativo. No acto de sinatura participaron o presidente cameral, Jesús Asorey, e a concelleira de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis.

Ler máis: A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago ofrecerán xornadas de fomento do espírito...

A contabilidade e as follas de cálculo serán as temáticas de dous cursos que comezan o luns na Cámara de Comercio de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela dará comezo o luns, 23 de setembro, dous cursos formativos sobre contabilidade xeral e manexo de Excel, que se impartirán nas aulas formativas da entidade (rúa San Pedro de Mezonzo, 37¬- baixo), dirixidos a directivos e empregados de empresas da área cameral de Compostela que poderán beneficiarse de descontos de ata o 30 por cento, ao igual que as persoas en desemprego dispostas a actualizar a súa formación empresarial.

O primeiro curso, titulado “Curso básico de contabilidade xeral”, impartirase ata o 8 de outubro en horario de 20:00 a 22:00 horas, a cargo das directivas da empresa C & B Asociados Consultoría Laboral, Fiscal y Contable, Ana Barreiro e Begoña Costa. O obxectivo que se persegue é ofrecer uns coñecementos amplios de xestión empresarial dentro do ámbito financiero para que calquera asistente alcance un nivel axeitado para poder desempeñar labores propias dun departamento de admistración. O curso, de 20 horas de duración, está dirixido a persoas con coñecementos contables que desexen unha ampliación de conceptos, cun temario baseado no novo plan xeral contable e outros aspectos básicos da contabilidade empresarial como o valor razoable, o inmovilizado, o peche contable dunha empresa ou as contas anuais.

Vantaxe competitiva

A segunda acción formativa que se inaugurará o luns será un curso sobre a “folla de cálculo: MS Excel paso a paso”. O curso impartirase ata o 3 de outubro, en horario de 20:00 a 22:00 horas, a cargo do experto en materia informática Emiliano Gómez, que explica que este programa supón unha vantaxe competitiva porque as empresas que o utilizan alcanzan unha xestión eficaz. Este curso práctico, que conta de 16 horas lectivas, está dirixido a calquera persoa que por motivos de traballo ou por curiosidade esté interesada en aprender o manexo do Excel  para realizar operacións e cálculos. Os principais destinatarios son profesionais, directivos e cargos intermedios que queiran explorar o uso deste programa informático.

A Cámara de Comercio de Santiago programa unha misión comercial a Senegal, un país moi atractivo para as empresas galegas

As importacións do país van en aumento, centradas en produtos alimenticios,  automóbiles e maquinaria eléctrica

O vindeiro luns-23 remata o prazo de inscrición

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza unha misión comercial plurisectorial a Senegal entre os días 4 e 8 de novembro, coordinada pola técnico de internacionalización cameral, Loly Villoch. A acción de internacionalización desenvólvese dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través de Fondos Feder. As empresas interesadas teñen ata o luns-23 de setembro para inscribirse.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago programa unha misión comercial a Senegal, un país moi atractivo...

A Cámara de Comercio de Santiago aposta pola competitividade do sector comercial cun plan de apoio ao comercio minorista

Traballarán sobre tres liñas de actuación baseadas no diagnóstico de punto de venda, plans titoriais de xestión e relevo no comercio

A entidade organiza a próxima semana un taller sobre a innovación na xestión eficiente dun comercio [xoves-26, no salón de actos]

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela pon en marcha un plan de apoio ao comercio minorista. Este plan é resultado dun convenio de colaboración entre a Secretaría de Estado de Comercio e o Consejo Superior de Cámaras, e ten  por obxecto desenvolver actividades no marco do Plan Integral de Apoyo a la Competitividad del Comercio Minorista de España 2013.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago aposta pola competitividade do sector comercial cun plan de apoio...

A Cámara de Comercio e a Asociación de Periodistas de Santiago pecharon hoxe un acordo para impulsar a promoción de Compostela como “centro económico, cultural, espiritual e turístico de Europa”

Realizaranse cursos formativos e celebrarase un ciclo de conferencias con prestixiosos profesionais da comunicación

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e a Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) asinaron hoxe na entidade cameral un acordo para establecer e definir canles formais de relación entre as dúas organizacións, co obxecto de aunar forzas para construír, difundir e promocionar a cidade de Santiago de Compostela desde un punto de vista económico, empresarial, cultural e patrimonial. A rúbrica do acordo foi realizada polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, Luis Menéndez Villalva. Ademais, ao acto asistiu o secretario xeral da Cámara de Comercio, Fernando Barros, o vicepresidente da APSC, José Francisco Rodil Lombardía, e o vogal da asociación Juan Salgado.

Ler máis: A Cámara de Comercio e a Asociación de Periodistas de Santiago pecharon hoxe un acordo para...

Subcategorías