Cámara Comercio Santiago

Empresarios galegos infórmanse sobre as posibilidades de investimento en India na Cámara de Comercio de Santiago

O embaixador de India en España, Sunil Lal, definiu o seu país como “un destino atractivo para inversores”

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organizou hoxe unha xornada informativa sobre “Oportunidades de negocio en India”, entre as 10:30 e as 12:15 horas. Nesta xornada participaron o presidente cameral, Jesús Asorey; o embaixador de India en España, Sunil Lal; o xefe de misión adxunto da Embaixada de India, Biraja Prasad; o director de internacional do Igape, Abel Veiga; o secretario cameral, Fernando Barros; o técnico de internacionalización da Cámara, Fernando Pérez-Soba; ademais de aproximadamente vinte empresarios galegos.

Ler máis: Empresarios galegos infórmanse sobre as posibilidades de investimento en India na Cámara de...

Concello, Cámara de Comercio e Fundación Incyde colaborarán na creación e consolidación de pequenas e medianas empresas

O programa comezará a desenvolverse o 24 de outubro

O presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, a concelleira de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; e o o director da Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación Incyde), Javier Collado, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dun programa para a creación e consolidación de empresas e autoemprego.

Este programa está dirixido a emprendedores que desexen facer un proxecto viable de creación de empresa, así coma aos empresarios/as que queiran consolidar o seu negocio, mellorar a rendibilidade da súa empresa e avaliar outras alternativas de expansión. Para iso, a Cámara de Comercio e a Fundación INCYDE, farán un programa de formación dirixido á creación e consolidación de empresas e o autoemprego. O Concello apoia esta iniciativa, que se suma ao traballo de asesoramento e de fomento da cultura emprendedora que xa se vén realizando dende o Cersia Empresa, segundo lembrou Reyes Leis.

Javier Collado explicou que haberá un máximo de 25 prazas neste programa. A selección realizarase entre os inscritos en base a unha entrevista, na que se avaliarán as posibilidades dos proxectos presentados.

Os seleccionados participarán ao longo duns tres meses nun programa que inclúe consultorías individualizadas e adaptadas á propia dispoñibilidade horaria dos participantes, e formación en diversas materias de xestión. O programa comezará a desenvolverse o 24 deste mes de outubro. Ademais, superados estes tres meses, apuntou Jesús Asorey, a Cámara seguirá prestando asesoramento a estes emprendedores durante dous anos, ofrecéndolles tamén a posibilidade de aloxarse no viveiro de empresas da entidade.      

Fomento emprendedor de proxectos culturais

Por outra parte, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia clausuraron hoxe o Programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas, que se impartiu este ano de forma gratuíta no Gaiás. Ao acto de entrega de dipliomas asistiron o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño; e o director da Fundación Incyde (Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa), Javier Collado, o secretario cameral, Fernando Barros, ademais dos alumnos do curso. Esta acción formativa estivo cofinanciada pola Fundación da Cidade da Cultura de Galicia e o Fondo Social Europeo.

O curso contou coa participación de 27 alumnos que presentaron 25 proxectos empresariais relacionados con temas culturais e creativos de diversos sectores como a arte, teatro, música, danza, audiovisual, sector editorial, novas tecnoloxías ou deseño. O emprendedor Pablo Grela realizou unha exposición do súa idea de negocio “Experiencias Culturales”.

A Cámara de Comercio de Santiago colaboro una organización este curso para tratar de satisfacer a crecente demanda deste tipo de pequenas empresas culturais cun enfoque altamente creativo e novos modelos de financiamento e xestión “novidosos e máis eficientes” para actualizar os procesos de produción, distribución, exhibición e difusión dos produtos culturais.

Novagalicia Banco ofrece unha bolsa para dous novos emprendedores do viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago

A entidade cameral organizará unha conferencia sobre a Lei de Emprendedores nos próximos meses

Estas actividades enmárcanse dentro dun convenio de colaboración asinado entre ambas institucións

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e Novagalicia Banco asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver proxectos comúns sobre emprendemento. O acto, que se celebrou no viveiro de empresas de Costa Vella (Polígono Costa Vella, 40, parcela nº 68), estivo encabezado polo titular da entidade cameral, Jesús Asorey, e o director Territorial A Coruña de Novagalicia Banco, Gerardo Fuertes.

Ler máis: Novagalicia Banco ofrece unha bolsa para dous novos emprendedores do viveiro de empresas da Cámara...

A Cámara de Comercio de Santiago ofrece o xoves unha xornada sobre o uso das regras Incoterms que regulan o comercio internacional

O director de comercio exterior do Banco Sabadell, Javier Balbín, impartirá esta sesión

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, en colaboración co Banco Sabadell, organiza o xoves, 3 de outubro, unha xornada sobre os “Incoterms: todo o comercio internacional en 11 termos”.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago ofrece o xoves unha xornada sobre o uso das regras Incoterms que...

A Cámara de Comercio viaxa en misión comercial a Arabia Saudita e Kuwait con seis empresas de materiais de contrución, auga mineral, automoción e minaría

As exportacións galegas incrementáronse un 19 por cento no primeiro semestre do ano

Fernando Pérez-Soba, técnico cameral:

“A función da Cámara de Comercio é vital para formar, asesorar e  promocionar ás pemes, facendo que se sintan sempre acompañadas no camiño da internacionalización”

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza unha misión comercial a Arabia Saudita e Kuwait (28 de setembro- 4 de outubro) na que participarán seis empresas galegas de materiais de construción, auga mineral, automoción e ferramentas para minaría. A acción de internacionalización desenvólvese dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través de Fondos Feder. As empresas viaxarán acompañadas do técnico de internacionalización da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Pérez-Soba.

Ler máis: A Cámara de Comercio viaxa en misión comercial a Arabia Saudita e Kuwait con seis empresas de...

Subcategorías