Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago ofrece un seminario de coaching, ferramenta orientada a mellorar as habilidades e conseguir obxectivos persoais e profesionais

Aïnhoa Mallo, experta en coaching:

“O coaching é como o noso GPS vital, que indica o punto de saída e sinala o camiño a seguir para alcanzar as nosas metas”

A xornada celebrarase o próximo mércores-30 a partir das 10:00 horas

A Cámara de Comercio de Santiago ofrecerá o mércores, 30 de outubro, un seminario de Coaching: fixación de obxectivos e plan de acción. Esta xornada, que se celebrará entre as 10:00 e as 14:00 horas, estará impartida pola coach certificada, experta en talento e reorientación laboral e en comercio exterior, Aïnhoa Mallo, que achegará aos participantes esta ferramenta orientada a mellorar as súas habilidades e enfocada para conseguir os seus obxectivos persoais e profesionais ou empresariais.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago ofrece un seminario de coaching, ferramenta orientada a mellorar...

A confianza empresarial do Barbanza continúa en negativo, provocado por un estancamento da economía local

A construción está en valores baixo cero e a hostalería sofre un efecto espello nas cifras de situación e expectativas polo estancamento estacional

A Cámara de Comercio de Santiago presenta un novo indicador de confianza empresarial, realizado pola a través de enquisas a 1.083 empresas de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela elaborou o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza correspondente ao terceiro trimestre de 2013. O ICE-Barbanza é un informe que reflicte a situación do trimestre actual e as expectativas para o seguinte período nos sectores da construción, industria, comercio, hostalería e sector servizos. Esta nova publicación continúa amosando valores negativos, cunha confianza empresarial na comarca de –4,29 puntos, un resultado que descende en relación á cifra acadada o pasado trimestre (ICE Barbanza 2º trimestre 2013: –3,11). “Continúa a tendencia negativa dos últimos exercicios que supón un efecto estancamento da economía local, sen observar ningún repunte da confianza empresarial en Barbanza” –salienta o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey–.

Ler máis: A confianza empresarial do Barbanza continúa en negativo, provocado por un estancamento da...

A Cámara de Comercio organiza unha xornada para aumentar a competitividade de pemes galegas a través de técnoloxías da información

Celebrarase o próximo mércores-23 e contará coa intervención de directivos do centros tecnolóxicos ITG, CESGA e CITIC

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, a través do seu departamento de Innovación, organizará o próximo mércores, 23 de outubre, unha xornada gratuíta sobre a relación entre os centros tecnolóxicos e o aumento da competitividade das pemes, titulada “Como poden contribuír os centros tecnolóxicos e de investigación ao aumento da competitividade das pemes a través das TIC? Encontros Empresariais”. Esta xornada está incluída dentro do programa cameral Feira do Coñecemento e financiada polo Fondo Social Europeo e as Cámara de Comercio de Santiago.

A conferencia, que comezará ás 10:30 horas no salón de actos cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), estará impartida polo director de Desenvolvemento de Negocio do Centro Tecnológico de Galicia (ITG), Juan Luis Sobreira Seoane; o e-Business & Transfer Manager do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Ramón Basanta.; e o responsable da Oficina de Promoción Tecnolóxica, Comunicación e Marketing do Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones (CITIC), Jesús M. Díaz López.

Na xornada, os autónomos e pemes coñecerán as posibilidades, tendencias e posible financiamento en materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). O secretario xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Barros, realizará unha presentación dos obxectivos xerais do programa Feira do Coñecemento. Segundo explica Barros, a competitividade é a característica que permite sobrevivir a unha empresa dentro dos mercados, e no caso contrario está condenada a desaparecer. “Para conseguir a ansiada competitividade, as empresas deben traballar con eficiencia a través de procesos de innovación, o coñecemento e o uso de novas tecnoloxías” –apunta–.

Un elemento fundamental para conseguir unha maior eficiencia é a elección axeitada das  ferramentas TIC que poden formar parte dos procesos de  produción, xestión e/ou comercialización das empresas, como Internet, comercio electrónico, software de xestión e comercialización ou os dispositivos móviles.

A xornada pecharase cun encontro 1X1 individualizado entre os centros tecnolóxicos e os participantes para debater os casos concretos de cada asistente e analizar a viabilidade dos proxectos.

A Cámara de Comercio de Santiago inaugurou hoxe un programa formativo e de asesoramento para a creación de empresas

Participarán vinte e sete alumnos que desenvolverán vinte e catro proxectos empresariais durante tres meses

Esta iniciativa impartirase no viveiro de Costa Vella, en colaboración coa Consellería de Traballo e Incyde

O presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, inaugurou hoxe no viveiro de empresas de Costa Vella un programa de Creación e Consolidación de Empresas e Autoemprego. Emprende en positivo, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación Incyde (con financiamento do Fondo Social Europeo). O acto estivo encabezado polo presidente cameral, o director Xeral da Consellería de Traballo, Odilo Martiñá, o director técnico da Fundación Incyde, José María Párraga, e o secretario cameral, Fernando Barros.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago inaugurou hoxe un programa formativo e de asesoramento para a...

A Cámara de Comercio de Santiago formará ás empresas en materia de xestión de nóminas e comercio exterior, a partir da próxima semana

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela inaugurará a próxima semana dous cursos formativos, “Xestionando nóminas cos programas Nominaplus e Nominasol” e un curso superior de “Estratexia e xestión do comercio exterior”.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago formará ás empresas en materia de xestión de nóminas e comercio...

Subcategorías