Cámara Comercio Santiago

A xestión de pemes e a creación de presentacións empresariais son materia dos próximos cursos formativos da Cámara de Comercio de Santiago

Impartiranse do 18 ao 29 de novembro, en horario de 20:00 a 22:00 horas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela inaugurará a semana próxima dous cursos formativos sobre xestión de pequenas e medianas empresas (pemes) e realización de presentación a través de PowerPoint e Prezi.

Ler máis: A xestión de pemes e a creación de presentacións empresariais son materia dos próximos cursos...

A Cámara de Comercio de Santiago participa nun proxecto europeo de fomento do emprendemento con ferramentas 2.0 e a nube dixital

A idea é dotar de habilidades web a desempregados e micropemes

Colaborará con empresas e entidades de Grecia, Turquía, República Checa, Irlanda, Eslovenia e Lituania

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela participa nun proxecto Leonardo da Unión Europea, baseado en abrir o emprendemento en Europa aos desempregados por medio das ferramentas 2.0 e os servizos da nube, titulado Entrepreneur 2.0. O proxecto foi aprobado en xuño de 2013 e terá continuidade ata xullo de 2015.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago participa nun proxecto europeo de fomento do emprendemento con...

A Cámara de Comercio de Santiago organiza a próxima semana un curso sobre o plan de contabilidade de entidades non lucrativas

Estará impartido por profesores da Facultade de Económicas da USC

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza a próxima semana un curso do plan de contabilidade de entidades sen fin de lucro e un seminario para a optimización do tempo.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago organiza a próxima semana un curso sobre o plan de contabilidade...

A Antena Local da Cámara de Comercio ofrece dous cursos sobre conservación de alimentos e elaboración de tapas creativas na Pobra do Caramiñal

Realizaranse demostracións prácticas de tapas tradicionais galegas e exóticas

Impartiranse mañá mércores e o xoves en colaboración co Centro Comercial Aberto Deán

A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago organiza esta semana xornadas formativas dirixidas ao sector hostaleiro na Pobra do Caramiñal. A xornada formativa teórica enfocarase á elaboración e conservación de produtos e pratos semicociñados e á elaboración creativa de tapas. Celebrarase mañá mércores, 6 de novembro, na Tenda- escola O Deán (rúa Rafael Calleja, 11-13), en colaboración co Centro Comercial Aberto Deán da Pobra.

Ler máis: A Antena Local da Cámara de Comercio ofrece dous cursos sobre conservación de alimentos e...

Unha delegación de vinte e catro empresas viaxan a Ecuador, Perú e Chile en misión comercial, organizada pola Cámara compostelá

As empresas aumentaron en máis de cen millóns de euros as súas exportación en 2012

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza unha misión comercial plurisectorial a Ecuador, Perú e Chile, coordinada polo técnico de internacionalización cameral, Fernando Pérez-Soba. A acción de internacionalización desenvólvese dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través de Fondos Feder.

Ler máis: Unha delegación de vinte e catro empresas viaxan a Ecuador, Perú e Chile en misión comercial,...

Subcategorías