Cámara Comercio Santiago

A confianza dos hosteleiros eleva “timidamente” os resultados negativos do empresariado do Barbanza no segundo trimestre do ano

O Observatorio Económico da Antena Local da Cámara de Comercio presenta un novo indicador, realizado con 1.033 enquisas a empresas de Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza correspondente ao segundo trimestre de 2015, realizado a través de enquisas a 1.033 empresas dos municipios de Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son.

Ler máis: A confianza dos hosteleiros eleva “timidamente” os resultados negativos do empresariado do...

Nacen dez empresas culturais da man da Cámara de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura

Clausuraron hoxe o programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas que se celebrou nos meses de abril, maio e xuño no Centro de Emprendemento do Gaiás

José Luis Rodríguez Dacal, vicepresidente da Cámara de Comercio:

“A empresa de xestión cultural precisa de apoio público para acadar visibilidade e conseguir a súa consolidación”

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia clausuraron hoxe a última edición do Programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas, que se impartiu de forma gratuíta para vintecinco alumnos no Centro de Emprendemento do Gaiás do 13 de abril ao 5 de xuño. Ao acto de entrega de diplomas asistiron o vicepresidente da Cámara, José Luis Rodríguez Dacal; a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González; a directora do programa, María Dolores García; e o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros. Esta acción formativa organizouse en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE) e conta co financiamento do Fondo Social Europeo.

Ler máis: Nacen dez empresas culturais da man da Cámara de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura

A Cámara de Santiago puxo a súa experiencia ao servizo de 3.926 empresas o pasado ano

Presenta a Memoria 2014 onde se recollen as principais accións de comercio exterior, innovación, formación e creación de empresas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa MEMORIA 2014 [http://www.camaracompostela.com/memoria/memoria2014b.pdf], que recolle as actividades e servizos dos que se beneficiaron un total de 3.926 empresas da comarca de Santiago e Barbanza, mantendo o pulo como institución ao servizo dos intereses xerais das sociedades mercantís.

Ler máis: A Cámara de Santiago puxo a súa experiencia ao servizo de 3.926 empresas o pasado ano

A Cámara de Comercio de Santiago tramita certificados de exportación para as empresas de Ferrol

A Comisión xestora da entidade ferrolá autoriza a Santiago a expedir os documentos para evitar prexuízos ao empresariado da demarcación

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela pode emitir desde esta semana certificados de orixe, legalización de facturas e tramitación doutros documentos de exportación para as empresas da demarcación de Ferrol.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago tramita certificados de exportación para as empresas de Ferrol

A Cámara de Comercio de Santiago aconsella ás pemes establecer unha xestión “preventiva” das contas para mellorar a competitividade do negocio

Rafael Carrasco-Martínez, consultor:

“A liquidez nunha empresa é unha vantaxe estratéxica e debe ser unha das prioridades da dirección”

A xornada, organizada en colaboración co Igape e a Consellería de Economía e o financiamento de fondos Feder, celebrouse no viveiro de Costa Vella

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrou hoxe no viveiro de Costa Vella unha xornada gratuíta orientada a ensinar aos pequenos empresarios a facer unha análise das contas anuais da súa empresa. A xornada gratuíta, titulada “Análise de contas anuais desde a visión de dirección non experta en finanzas”, organízase en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e o Igape e o financiamento de Fondos Feder. O socio director da consultoría Arxon Estrategia, Rafael Martínez-Carrasco impartiu a xornada á que tamén asistiu o xerente do IGAPE IP, Jose Manuel Fernández. Con formato workshops, a xornada serviu para presentar o proxecto Reacciona do Igape, impulsado co obxecto de mellorar a competitividade das pemes galegas.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago aconsella ás pemes establecer unha xestión “preventiva” das...

Subcategorías