Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago anuncia o II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com, que premiará con 3.000 euros o mellor proxecto innovador

Os participantes deberán publicar no portal web ata o vindeiro 11 de outubro un vídeo explicando a súa iniciativa de negocio

O nome do gañador coñecerase o 25 de novembro en Madrid
 
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela anuncia o segundo Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com, que vén de poñer en marcha a Cámara de Comercio de España. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo promover o espíritu emprendedor entre a sociedade e na que pode participar calquera persoa cunha idea de negocio innovadora aplicable ao mundo empresarial.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago anuncia o II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com,...

A Cámara de Comercio e a Asociación de Hostelería Compostela asistirán en outubro á Feira de Turismo Relixioso de Italia

Destacan que é unha oportunidade para vender Santiago como destino turístico internacional, que favorecerá a desestacionalización e o desenvolvemento dun turismo sostible

As dúas entidades constituíron un grupo de traballo para a creación de proxectos en común e propostas de colaboración

A Cámara de Comercio de Santiago acolleu hoxe unha xuntanza con membros da Asociación de Hostelería Compostela onde informaron da asistencia á Feira de Turismo Relixioso de Italia, o TTG Incontri Rimini, que se celebrará entre os días 8 e 10 de outubro. Ao acto asistiron o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; o secretario Xeral do ente cameral, Fernando Barros; o presidente da Asociación de Hostelería Compostela, José Antonio Rivero; e a secretaria da Asociación de Hospedaxe, Rita Sobrado.

Ler máis: A Cámara de Comercio e a Asociación de Hostelería Compostela asistirán en outubro á Feira de...

Unha vintena de empresas participaron esta mañá nunha xornada para analizar as oportunidades comerciais e de investimentos no Perú

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, inaugurou a sesión na sede cameral

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acolleu esta mañá unha xornada sobre as oportunidades comerciais e de investimentos no Perú. A ela asistiron unha vintena de empresas de sectores como a alimentación, o medio ambiente, as enerxías renovables ou a enxeñería, entre outros. A presentación da actividade correu a cargo do presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e da xerente da Oficina de Internacionalización do IGAPE, Dolores García de los Huertos.

Ler máis: Unha vintena de empresas participaron esta mañá nunha xornada para analizar as oportunidades...

A enquisa do programa Aprendeafinanciarte.com conclúe que nove de cada dez pemes galegas que solicitaron financiamento asinaron acordos coas entidades bancarias

E oito de cada dez din que recibiron unha oferta aceptable

A sondaxe, feita pola Cámara de España, presentouse esta mañá na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acolleu hoxe a presentación da enquisa Acceso ao financiamento das pemes galegas 2015, realizada no marco do programa Aprendeafinanciarte.com da Cámara de España, unha plataforma dixital creada para facilitar o acceso ao crédito de pemes, autónomos e emprendedores. Ao acto de presentación asistiron o presidente cameral de Santiago, Jesús Asorey; o director de Competitividade da Cámara de España, José Luis Coll; o consultor do programa “Aprende a financiarte”, Antonio Mestre; o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Luis Caramés; o secretario Xeral da Cámara de Santiago, Fernando Barros; e a técnico de creación de empresas, Rosa Cardeso.

Ler máis: A enquisa do programa Aprendeafinanciarte.com conclúe que nove de cada dez pemes galegas que...

A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha xornada para que directivos de pemes non expertos en finanzas poidan analizar as súas contas anuais

O socio director da consultoría Arxon Estrategia, Rafael Martínez-Carrasco, explicará o balance de contas, a conta de resultados, os riscos operacionais ou as responsabilidades dos administradores

Celebrarase o vindeiro mércores, día 9, a partir das 10:30 horas 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o próximo 9 de setembro unha xornada gratuíta orientada a ensinar aos pequenos empresarios a facer unha análise das contas anuais da súa empresa. A actividade, titulada “Análise de contas anuais para non financeiros”, organízase en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e o Igape e o financiamento de Fondos Feder. Terá lugar entre as 10:30 e as 12:30 horas no salón de actos da sede cameral –rúa San Pedro de Mezonzo, 44 baixo–.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha xornada para que directivos de pemes non expertos...

Subcategorías