Inicio
A Cámara e o Concello de Santiago abren a convocatoria de axudas para crear emprego e afianzar a economía local
- Detalles
- Categoría: Cámara Comercio Santiago
- Published: Sábado, 10 Outubro 2015 10:22
- Escrito por Eva
- Visitas: 459
Son subvencións para contratación laboral e a constitución de novas empresas
A actuación forma parte do Programa Local de Apoio ao Emprego 2015
O Programa Local de Apoio ao Emprego 2015, desenvolto pola Cámara de Comercio e o Concello de Santiago no marco do programa operativo “Adaptabilidad y Empleo” con cofinanciamento do Fondo Social Europeo, abre a convocatoria de axudas económicas destinadas ao fomento do emprego ata o vindeiro xoves, 15 de outubro.
O Programa Local de Apoio ao Emprego consiste nun conxunto de medidas e accións urxentes destinadas a mellorar a empregabilidade, mediante a formación dirixida a colectivos prioritarios do ámbito local, sexan rurais ou urbanos, co obxecto da inserción laboral.
Esta convocatoria pretende cofinanciar proxectos destinados a dinamizar o mercado de traballo local, a mellorar a empregabilidade das persoas sen traballo e a mellorar as taxas de inserción laboral con incentivos económicos ás empresas para fomentar postos de traballo estables.
Así, a convocatoria establece o réxime das subvencións destinadas a fomentar a creación de emprego e afianzar a economía local a través de axudas ás empresas para a contratación de persoas sen emprego que participasen nalgunha das actuacións do Programa Local de Apoio ao Emprego desenvolvidas pola Cámara de Comercio e o Concello de Santiago, así como a apoiar o desenvolvemento de iniciativas de creación de proxectos empresariais postas en marcha por persoas sen emprego participantes no plan.
O importe máximo para as axudas é de 12.400 euros. As actuacións subvencionables da convocatoria están cofinanciadas nun 80 por cento polo Fondo Social Europeo e destinadas a contratacións laborais e axudas a emprendedores, cun importa de 1.550 euros para os oito contratos de alta como autónomo ou constitución de empresa previstos.
Para as contratacións laborais, a convocatoria esixe un contrato de xornada completa de polo menos seis meses a finalizar como máximo o 15 de abril de 2016. En canto ás axudas a emprendedores, a constitución da nova empresa debe realizarse seguindo os correspondentes rexistros legais, en calquera das súas formas xurídicas. No caso de traballadores autónomos deben estar dados de alta no réxime especial dos traballadores autónomos e no Imposto de Actividades Económicas. O mantemento do proxecto empresarial emprendedor será como mínimo de seis meses desde a data de outorgamento Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
O plan inclúe, ademais de accións formativas e de orientación laboral e das axudas á contratación, a celebración dunha feira do emprego que terá lugar os días 5 e 6 de noviembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.