Inicio

A Cámara de Comercio de Santiago celebrará un obradoiro para mellorar a xestión dos comercios minoristas o vindeiro 25 de xuño en Boiro

O Superpyme, Fernando Sánchez Salinero, sinala que os egos e os medos dos comerciantes son o principal obstáculo para o crecemento dun negocio

Esta iniciativa forma parte do Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista 2015

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia as actividades incluídas dentro do Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista 2015, un programa do Ministerio de Economía posto en marcha en colaboración coa Cámara de España e o financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Esta iniciativa, que se celebra por terceiro ano consecutivo, persegue o fomento da innovación empresarial, a modernización do punto de venda, o impulso á capacitación do empresariado e a promoción do turismo de compras.

Para dar a coñecer o programa entre os empresarios boirenses e do resto da comarca de Barbanza, a entidade organizará un taller informativo sobre a mellora na xestión do comercio minorista na Asociación Boirense de Empresarios (avenida da Constitución, 85, entrechán A) o vindeiro 25 de xuño, entre as 17:00 e as 21:00 horas. Este seminario, que estará impartido polo asesor de empresas e formador de emprego, coñecido como Superpyme, Fernando Sánchez Salinero, tratará de explicar aos asistentes a mellor maneira para atraer clientes aos negocios. Os interesados poderán participar neste taller de carácter gratuíto realizando unha inscrición previa no seguinte enlace:
http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&P=230&ncurso=3812015#.VXF4tEa5g2o.

Fernando Sánchez Salinero considera que un comerciante debe intentar que o seu negocio se convirta nunha “opción recomendable” e evitar a indiferencia coa que en moitas ocasións se clasifican os comercios na mente do cliente. “Cada mañana hay que abrir el negocio con la voluntad de ser únicos y memorables” –sinala Salinero–.

Para fidelizar e aumentar os clientes, Salinero sinala que o comerciante debe escoitar aos seus clientes dunha forma “claramente mejor que la competencia”. “El propietario tiene que olvidarse de sus gustos personales para centrarse en lo que los clientes dicen y piden. Hay que aprender a interpretar las pistas que los clientes nos dan a través de lo que dicen o hacen” –destaca–.

Na súa opinión, os dous maiores perigos que ameazan ás pemes son o “ego”, que provoca que os negocios sexan a prolongación dos desexos persoais do comerciante e non do mercado, e os “miedos” que impiden arriscar, innovar e  experimentar.