Inicio

A Cámara de Comercio de Santiago aconsella ás pemes sobre os erros na venda e propón aplicar un modelo de vendedores de “alto rendemento”

O curso impartirase os días 27 e 28 de maio nas aulas formativas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará os días 27 e 28 de maio un curso sobre os erros na venda e como evitalos. O curso terá lugar nas aulas formativas da entidade e impartirase en horario de 18:00 a 22:00 horas. José Manuel Gigirey, formador académico de ampla experiencia e docente da Escola de Negocios Afundación en Vigo, será o responsable de impartir o programa formativo.

O obxecto desta actividade é axudar aos empresarios e comerciantes a descubrir os erros máis caros para os seus negocios e saber por que se producen. A intención do curso é que os asistentes aprendan a aplicar novas ferramentas para correxir estes erros de venda e que sexan capacer de usar instrumentos preventivos para detectar erros futuros.

Segundo indica Gigirey, cada participante terá preparada unha lista coas súas tres principais dificultades para vender nas súas entrevistas cos clientes. Xeralmente, estas dificultades refírense ao produto, servizo, técnica de vendas ou á política comercial.

José Manuel Gigirey explica que os erros máis frecuentes na venta son non aceptar que os clientes son persoas que teñen dereito a manifestar a súa personalidade como desexen; non asignar o esforzo de venda axeitado ao potencial de compra do cliente; non diagnosticar con precisión o paquete de valor e o seu criterio de decisión; deixar só ao cliente no seu proceso de decisión da compra;  non acotar os criterios de valoración da utilidade ofrecida para que recoñeza o valor creado; e non agotar o potencial de negocio que cada cliente pode proporcionar.

E,  para  que os participantes poidan superar os seus propios erros, o experto propón utilizar como ferramenta de desenvolvemento profesional o modelo de actuación que seguen os vendedores de “alto rendemento”. Trátase dun protocolo de actuación onde se reflicten as accións que deben e non deben facer os vendedores para ser “efectivos” en cada unha das fases do proceso de venda.

Xestión de pemes

Ademais, a Cámara de Comercio convocou un curso sobre a xestión das pequenas e medianas empresas e as súas obrigas laborais e fiscais. Impartirase entre os días 18 e 29 de maio, en horario de 20:00 a 22:00 horas. A experta en xestión e administración de empresas, Ana Barreiro, informará aos asistentes das ferramentas para lograr un control “íntegro” da empresa desde un punto de vista legal, profundizando nas obrigas fiscais e laborais das compañías, e dun control interno dos custos para maximizar o beneficio do seu negocio.

Os mellores oradores

Por outra parte, a Cámara celebrará os días 19 e 20 de maio un curso de técnicas de comunicación oral destinado a ensinar aos participantes a falar en público. O curso celebrarase nas aulas formativas en horario de 18:00 a 22:00 horas. A coach, experta en proxectos de internacionalización e organización de eventos, Aïnhoa Mallo, será a encargada de impartir este curso dirixido a profesionais, emprendedores e persoas interesadas en falar en público e mellorar a súas habilidades de comunicación e persuación.

A finalidade do curso céntrase en ensinar aos asistentes a dirixirse “con seguridade e confianza” ante calquera audencia, superar o estrés derivado do medo escénico, utilizar o corpo e a linguaxe non verbal con eficacia, conseguir o efecto desexado no público e preparar a posta en escena.