Inicio

A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha xornada sobre fiscalidade internacional para empresas exportadoras

Diana Fernández, avogada:
“Se unha planificación fiscal a nivel estatal é importante, a nivel internacional é fundamental”

Celebrarase o vindeiro xoves, día 7, a partir das 16:00 horas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o próximo 7 de maio unha xornada gratuíta sobre fiscalidade internacional entre as 16:00 e as 19:00 horas. A xornada está destinada a empresas exportadoras interesadas en coñecer as normas xerais en materia de tributación internacional e prever e planificar a repatriación dos beneficios.

A avogada Diana Fernández, que impartirá a xornada, explica que cada día son máis as empresas que se internacionalizan e unha das súas principais dúbidas é a fiscalidade e o réxime tributario que se lle aplica as súas operacións comerciais. “Se unha planificación fiscal a nivel estatal é importante, a nivel internacional é fundamental” –indica a experta–.

Diana Fernández recomenda ás empresas coñecer o réxime fiscal e a aplicación dos impostos sobre unha operación comercial determinada antes de implantarse nun determinado país. “O réxime fiscal debe coñecerse para as operacións das empresas e para a tributación dos empregados desprazados ou expatriados que poden verse beneficiados ou perxudicados pola súa nova situación  laboral –apunta.

Así mesmo, coñecido o réxime fiscal dun determinado país, e sendo a implantación nese determinado país un éxito, chega o momento de repatriar os beneficios á empresa matriz. A experta apunta que as empresas deben averiguar se existe acordo de dobre imposición entre os dous países ou, se pola contra, a empresa terá que pagar dobre, no país onde se xera a riqueza e no país no que se recibe.

Información e inscricións:
http://www.ticlegal.com/xornada-fiscalidade-internacional/