Expertos en saúde abordan os tratamentos e técnicas complementarias aos que deben someterse as persoas que padecen ou padeceron cancro
- Detalles
- Categoría: Balnearios de Galicia
- Published: Venres, 17 Xullo 2015 12:57
- Escrito por Eva
- Visitas: 290
O presidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces, destaca a eficacia da cura termal como axuda para afrontar doenzas oncolóxicas
O curso de verán da Universidade de Santiago sobre oncoloxía integrativa reunirá no Balneario de Lugo a unha trintena de profesionais médicos entre o luns-20 e o xoves-23
A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia organiza un curso de verán sobre oncoloxía integrativa, centrado no proceso de atención a pacientes con cancro e nos aspectos máis relevantes desta enfermidade. Terá lugar entre o luns 20 e o xoves 23 no Balneario de Lugo-Termas Romanas, en horario de mañá e tarde. Congregará a profesionais sanitarios, estudantes de Medicina, afectados por esta doenza e os seus familiares.