Inicio

Os especialistas indican que os medios de comunicación deben eliminar o sentido pexorativo do cancro

“Hay que aprender a normalizar la enfermedad, transmitir que hay que afrontarla de manera positiva”, segundo a doutora Virginia Ruíz, do Hospital Universitario de Burgos

O Balneario de Lugo clausura hoxe o curso sobre oncoloxía integrativa da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia

O Balneario de Lugo-Termas Romanas clausura hoxe o curso de verán sobre oncoloxía integrativa da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia. O cancro nos medios de comunicación foi un dos asuntos que se levou a debate nunha das mesas redondas moderada por Teresa Pacheco, directora da revista Tribuna Termal. 

Nesta sesión, Virginia Ruíz, médico oncóloga e autora do blog “Un rayo de esperanza. Blog de una radioncóloga” falou da súa visión como profesional da saúde á hora de comunicar esta enfermidade aos pacientes. Sinala que é importante que o persoal médico asuma a responsabilidade do comunicador e comenta que “debe ser sensible y riguroso en su discurso desde el primer momento en que le traslada la enfermedad al paciente”. 

Ruíz opina que médicos e xornalistas deben camiñar xuntos á hora de facer chegar esta doenza á opinión pública e sinala que abunda o sensacionalismo, o uso da linguaxe bélica e a terxiversación da información –algo que cre que se podería evitar buscando o consenso entre ambos os dous profesionais–.

“Existe un tabú en la sociedad y hay que aprender a normalizar la enfermedad, transmitir que hay que afrontarla de manera positiva. Debemos desterrar de una vez el sentido peyorativo del cáncer en los medios de comunicación”, afirma Ruíz. A experta insiste en que “nadie tiene la culpa de padecer cáncer y cada vez está más próximo a nosotros”.  

Interesante programa e profesionais de alto nivel 

O presidente da Asociación de Balnearios de Galicia e director do Balneario de Lugo, Antonio Garaloces, declarou estar orgulloso de acoller un curso cun “programa tan completo, interesante e con profesionais de alto nivel”. Garaloces destacou a “alta participación e o elevado interese” do medio cento de persoas que asistiron a diario ás charlas e afirmou que é fundamental que os estudantes comprendan o valor da balneoterapia no proceso curativo do cancro.