Inicio

Expertos médicos aseguran que os balnearios son contornos axeitados para integrar o coidado dos pacientes con cancro

O Balneario de Lugo acolle desde hoxe un curso sobre oncoloxía integrativa, que emprega técnicas complementarias ao uso de medicamentos

O Balneario de Lugo-Termas Romanas acolle dende hoxe un curso de verán sobre oncoloxía integrativa, que organiza a Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia. Centrado na atención a pacientes con cancro e nos aspectos máis relevantes da enfermidade, desenvolverase en horario de mañá e tarde ata o xoves 23. 

 

O médico hidrólogo e director do curso, Salvador Ramos, destaca a “extraordinaria acollida” que está a ter esta actividade, que congrega tanto a profesionais sanitarios e estudantes de Medicina como afectados por esta doenza e os seus familiares. Na primeira xornada abordáronse, entre outros asuntos, a epidemioloxía do cancro e a súa incidencia en España, o conxunto de coidados específicos que require esta enfermidade e o valor da oncoloxía integrativa.  

A xefa do Servicio de Oncoloxía Médica do Hospital de Mataró, Pilar Lianes, explicou que a oncoloxía integrativa “trata de integrar los diferentes cuidados, de evidencia científica demostrada, para la mejora del paciente y la curación del cáncer”. Algunhas das terapias inclúen o uso de certas plantas, a práctica deportiva, o ioga, a meditación e os tratamentos en balnearios. A experta asegura que estes espazos “son un entorno adecuado para integrar el cuidado del paciente, tanto para aquellos que están en un estado avanzado como para los que ya lo han superado”. Lianes recomenda aos enfermos acudir aos centros termais porque “mejoran la calidad de vida y favorecen la interacción social”. 

“Es necesario aunar esfuerzos para la cura del cáncer”

En España un de cada tres homes e unha de cada cinco mulleres padecen ou padecerán cancro no futuro. Con todo, segundo Pilar Lianes, máis da metade dos diagnosticados sobreviven á enfermidade e incide na importancia dos grandes avances dos últimos anos. Lianes considera que “debemos continuar aunando esfuerzos para su cura, combinando técnicas y tratamientos que han demostrado ser eficaces y conseguir implantar la medicina integrativa en nuestros hospitales”.